viernes, 25 de abril de 2014

Sinxelos trucos para beneficiar o alumnado con dislexia.

Fai uns días tiven a sorte de poder asistir a una conferencia de Luz Rello Sánchez sobre novas solución para a dixlesia.
Alí tomei una serie de anotacións sobre aspectos sinxelos que todos e  todas podemos modificar nas nosas aulas e beneficiarán o alumnado con dislexia. Sorprendeume o sinxelo que pode ser, e sen embargo as veces por descoñecemento non o facemos, por iso gustaríame compartilas por se a alguén lle son de utilidade:

-Empregar un tamaño de letra un pouco máis grande do habitual. ( O tamaño 18 punto sería o óptimo para a lectura).
-Escoller un dos seguintes tipos de letras, Arial, Helvetica ou Verdana.
-Non empregar cursiva
-Cando escribimos cifras facelo con números.
-Empregar papel cor crema, o reciclado pode ser perfecto.

Como podedes ver non implican gran dificultade, e o mellor de todo, é que segundo os estudios realizados estes aspectos non so favorecen os alumnos/as con dislexia, senón que favorecen a todo o alumnado.