domingo, 28 de diciembre de 2008

Actividades Clic en SPC

Actividade Clic deseñada para ser empregada por nenos y nenas que precisen un sistema aumentativo e/ou alternativo de comunicación. Está baseada na idea de símbolos SPC de Mayer-Johnson .
Pulsa aquí

Contos en SPC

Cuento Blancanieves Spc
View SlideShare presentation or Upload your own.

lunes, 15 de diciembre de 2008

Quen é quen?

Porque as veces aprender tamén ten que ser divertido propóñovos un xogo para traballar a descrición, a expresión oral, comprensión e adquisición de vocabulario entre outras cousas. Inclúo dúas opcións unha para rapaces que xa saben ler e outra para os que aínda non saben.
Espero que vos sexa de utilidade.
Quien Es Quien
Quien Es Quien Infantil

viernes, 12 de diciembre de 2008

Axuda a Lectoescritura

Nesta entrada vou a faclitar a ligazón a algúns recursos que se atopan pola rede e que nos poden ser de utilidade no noso traballo.
ALETratase dun recurso moi interesante de axuda a lectoescritura que inclúe actividade

ALES
Trátase dun recurso moi completo con gran cantidade de actividades ( lecturas, vocabulario, escritura ...). As actividades están moi ben e son moi completas .

La cueva tragapalabras outro recurso de interese para traballar a lectoescritura que podemos atopar pola rede.

Fondo Lector: Trátase dun programa para o desenvolvemento da lectura comprensiva e inclúe tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Ofrece actividades atractivas e interesantes ( ordenar palabras, secuencias, sinónimos e antónimos, lecturas...) .

Aprendizaje de la lectoescritura : Interesante programa para a aprendizaxe da lectoescritura. Traballa as vogais, as consoantes e os sinfóns con actividades variadas. Tamén inclúe actividades de memoria auditiva .

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Lingua de Signos

A Biblioteca virtual Miguel Cervantes pon a disposición de tódolos usuarios da lingua de signos española a primeira biblioteca xeral de lingua de signos.
Nesta páxina podemos atopar obras de literatura en versión signada, unha gramática visual en LSE, un dicionario histórico , poesías, contos ...

-Bibioteca Virtual Cervantes

Tamén atopei pola rede outra páxina que pode resultar de interese. Trátase dun dicionario de Lingua de Signos Española , inclúe vocabualrío, os números, un traductor dactiolóxico entre outras cousas.
Diccionario LSE

jueves, 4 de diciembre de 2008

Articulación dos fonemas

Trátase dun enlace moi interesante que nos permite ver como se articula cada un dos fonemas, de xeito que lle podemos amosar os alumn@s a posición tipo.
Ademáis das vocais e consoantes tamen podemos ver a articulación dos diptongos tanto crecentes coma decrecentes.

-Articulación

sábado, 22 de noviembre de 2008

Contos

Dende sempre os contos forón uns dos mellores recursos dos que dispoñemos para a transmisión de coñecementos. Tanto a través da transmisión oral como da escrita. A continuación deixo un enlace que nos ofrece a posibilidade de traballar a comprensión oral e a escrita a través dos contos. Ademáis permitiranos ampliar o vocabularío, mellorar a lectura ...
Espero que vos sexan de axuda.

Contos

Karaoke Literario

Máis contos

Algún máis

Tarda un pouquiño en cargar pero vale a pena.

Fabula A Cigarra e a Formiga

Excelente fabula para traballar a comprensión oral e que tamén nos permitirá falar sobre a importancia do traballo.

Trabalinguas

Unha forma divertida de exercitar a lingua é a través dos trabalinguas.
A continuación deixo un enlace dun audio de trabalinguas moi divertido e que nos pode ser de axuda, pulsade enriba do nome e iredes a páxina:
Don trabalinguático

jueves, 24 de julio de 2008

¿ Que falta ?

Trátase dun xogo que nos permitira mellorar a atención, concentración, razonamento lóxico entre outros aspectos.
Está feito cás imáxenes escaneadas dos xogos da editorial cepe e a presentación foi subida por Luma a slideshare e gracias a iso podemos disfrutalo todos.
Aproveito dende aqui para agradecerche esta aportación.

miércoles, 4 de junio de 2008

Orientacións Pais

Conto Estimulación Linguaxe

Hoxe introduzco esta presentación .....


Educando para o cambio

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras.
Pois sen nada máis que dicir invítovos a todos a que vexades este vídeo e logo reflexionemos sobre o que estamos a facer .

lunes, 2 de junio de 2008

Disfonías

Dado a gran cantidade de alumn@s coa que nos atopamos os mestres de audición e linguaxe con disfonías nas aulas, hoxe adícolle esta nova entrada no blog a este tema.
É moi importante que as familias e os mestres teñamos presente que neste aspecto ó igual que noutros dos que xa falaremos máis adiante a prevención vai a ser fundamental.
Nós , os mestres de AL podemos ensinar os alumn@s bos hábitos vocais paro vai a ser imprescindible a colaboración da familia e a escola a hora de automatizar ditos hábitos.
Tamén vos deixo un par de guias que poden resultar utiles:
Prevención Disfonias Primaria
Materiales para cuidar mi voz

jueves, 29 de mayo de 2008

Pasito a Pasito ...


Este Blog é un pequeno proxecto, dunha profesora de Audición e Linguaxe, cá intención de comezar a introducir as novas tecnoloxías nas súas clases.
Está especialmente enfocado a:
  • Aumentar a motivación do alumnado
  • Poñer ó alcance dos alumn@s novos recursos
  • Facilitar a interacción dos pais e nais na escola e polo tanto na educación dos seus fillos
  • Intercambiar ideas
  • E un montón de cousas máis que espero vaiamos descubrindo xuntos
Sen máis que dicir queda inaugurado este blog para que todos podades participar.
Animádevos a colaborar