viernes, 25 de abril de 2014

Sinxelos trucos para beneficiar o alumnado con dislexia.

Fai uns días tiven a sorte de poder asistir a una conferencia de Luz Rello Sánchez sobre novas solución para a dixlesia.
Alí tomei una serie de anotacións sobre aspectos sinxelos que todos e  todas podemos modificar nas nosas aulas e beneficiarán o alumnado con dislexia. Sorprendeume o sinxelo que pode ser, e sen embargo as veces por descoñecemento non o facemos, por iso gustaríame compartilas por se a alguén lle son de utilidade:

-Empregar un tamaño de letra un pouco máis grande do habitual. ( O tamaño 18 punto sería o óptimo para a lectura).
-Escoller un dos seguintes tipos de letras, Arial, Helvetica ou Verdana.
-Non empregar cursiva
-Cando escribimos cifras facelo con números.
-Empregar papel cor crema, o reciclado pode ser perfecto.

Como podedes ver non implican gran dificultade, e o mellor de todo, é que segundo os estudios realizados estes aspectos non so favorecen os alumnos/as con dislexia, senón que favorecen a todo o alumnado.

jueves, 24 de abril de 2014


A continuación deixovos uns sinxelos consellos para favorecer a estimulación da linguaxe dos máis pequenos/as.
Se queredes acceder a eles clicade na imaxe.



http://dl.dropboxusercontent.com/u/29187853/Como%20estimular%20a%20Linguaxe/Diapositiva%201.swf
 

miércoles, 23 de abril de 2014

Xogos Praxias


Buscando pola rede atopei estas páxinas que poden resultar moi interesantes para traballar as praxias. Xogamos a facer caras divertidas e logo imitámolas.

MONOFACE
Xogo caras